Información de interese

Horarios de apertura

INVERNO: De 7:30 a 13:00 e de 16:15 a 22:30 / sábados e domingos: de 10:00 a 13:00

VERÁN (xullo e agosto): L a V: De 8:00 a 13:00 e de 19:00 a 22:30 / S: 10:00 a 13:00



XORNADA DE PORTAS ABERTAS

04 abril

Lembrade que mañá venres 5, sábado 6 e domingo 7; abrirá o vaso de piscina para todos aqueles que queiran disfrutar das nosas instalacións. 

Dillo aos teus achegados!!!!

Agardámoste



REAPERTURA

28 marzo

 XA ESTAMOS DE VOLTA!!! 

Sabiamos que tiñades ganas de voltar... Pois chegou o momento!!!

Atentx as seguintes datas :

  • 1 de abril: apertura prazo de inscricións de abonos e cursos de natación
  • 3 de abril: comezo de actividades dirixidas
  • 5 o 7 de abril: xornada de portas abertas na Piscina
  • 15 de abril: comezo dos cursos de natación

 

COUSAS QUE DEBES TER EN CONTA!!:

  • É preciso darse de alta de novo, aínda que non te deras de baixa en xullo.
  • Dos abonos, cobraranse a parte proporcional desde o 8 de abril.
  • Dos cursos de natación, cobraranse a parte proporcional desde o 15 de abril.

 

HORARIO:

  • De luns a venres: de 7:30 a 13:00 e de 16:15 a 22:30
  • Sábados e domingos: de 10:00 a 13:00

AGARDÁMOSTE!!!!


COMUNICADO FIN CONCESIÓN

23 xuño

Estimado/-a usuario/-a.

Desde a empresa SOOM MANAGEMENT S.L. queremos comunicarlle que o próximo 18 de xullo do 2023 expirará o noso contrato de xestión da Piscina Municipal de Marín. Facerlles saber que aqueles que seguen dados de alta non será necesario que tramiten a baixa e que soamente se lles cobrará a parte proporcional dos días de apertura do mes de xullo.

A partir do día mencionado levarase a cabo unha obra de remodelación da instalación e a licitación para un novo contrato de xestión das instalacións de maneira simultánea. Unha vez finalizada a obra e adxudicada a xestión, a empresa adxudicataria poñerase en contacto con vostedes a través dos medios habituais para informarlles.

Queremos aproveitar este comunicado para mostrar o noso agradecemento pola confianza depositada en nós durante estes cinco anos.

Reciban un cordial saúdo.

A DIRECCIÓN



Todos los derechos reservados - www.piscinademarin.com