
COMUNICADO FIN CONCESIÓN
Estimado/-a usuario/-a.
Desde a empresa SOOM MANAGEMENT S.L. queremos comunicarlle que o próximo 18 de xullo do 2023 expirará o noso contrato de xestión da Piscina Municipal de Marín. Facerlles saber que aqueles que seguen dados de alta non será necesario que tramiten a baixa e que soamente se lles cobrará a parte proporcional dos días de apertura do mes de xullo.
A partir do día mencionado levarase a cabo unha obra de remodelación da instalación e a licitación para un novo contrato de xestión das instalacións de maneira simultánea. Unha vez finalizada a obra e adxudicada a xestión, a empresa adxudicataria poñerase en contacto con vostedes a través dos medios habituais para informarlles.
Queremos aproveitar este comunicado para mostrar o noso agradecemento pola confianza depositada en nós durante estes cinco anos.
Reciban un cordial saúdo.
A DIRECCIÓN