ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2022-2023
Bos días.
Xa están en marcha as Escolas Deportivas Municipais 2022-2023 organizadas polo Concello de Marín.
Para anotarte á nosa escola deportiva debes ter en conta:
* O prazo de inscrición empeza o vindeiro luns día 5.
* Debes cubrir dúas follas de inscrición que podes descargar aquí.
* Unha vez confirmada a túa praza debes pagar un importe de 50€ en efectivo ou tarxeta á hora cando entregues as follas de inscrición na Piscina Municipal de Marín.
Os grupos dos que dispoñemos son:
* Martes e xoves, de 16:30 a 17:15: nenos nados do 2016 ao 2018. (20 prazas)
* Martes e xoves, de 17:15 a 18:00: nenos nados do 2010 ao 2015 (10 prazas)
* Martes e xoves, de 10:15 a 11:00: maiores de 50 anos (10 prazas)
* Martes e xoves, de 11:00 a 11:45: maiores de 50 anos (10 prazas)
ESPERÁMOSTE!!!